METEOESCOLAS

O INVERNO: 2º TRIMESTRE

Nesta estación fixemos diferentes actividades:

Linces de inverno (localizando os elementos propios desta estación), traballamos con imaxes e pictogramas as características principais do Inverno, así como a roupa que nos poñemos en función da situación climatolóxica. Observamos cada día pola fiestra os cambios que acontecen no tempo e na nosa contorna e os relacionamos cos pictogramas correspondentes, fixemos puzzles con elementos desta estación...

 

 

 

 

 

Traballamos a expresión artística, realizando unha actividade de forma conxunta cos Grupos (I e II), na que os alumnos desenvolveron libremente a súa creatividade, mediante a elaboración dun collage representativo do Inverno, empregando diferentes materiais e texturas,  co predominio das cores propias da estación. 

 

 

Elaboramos un cadro, relacionado co Inverno, no que os alumnos empregaron principalmente as súas propias mans como medio de expresión artística, xunto coas  cores máis representativas da estación. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer