BIBLIOTECA

LECTURA FÁCIL : PLAN DE RESCATE

Como ben sabedes...que xa colgamos cousiñas na WEB e no INSTAGRAM..

Os Programas Formtivos este curso 23-24  (e xa levamos 3) traballamos a LECTURA FÁCIL, o libro escollido (EN COLABORACIÓN CAS TITORÍAS) foi PLAN DE RESCATE de Antía Yañez e Xiana Teimoy.

 

Durante o curso cada grupo tivo unha sesión semanal na cal non so foi ler, tamén empregamos ferramentas novas para axudarnos a mellorar na nosa velocidade lectora, a non saltar de liña ou perder o fío...empregamos marcadores de lectura, lupas...e inclusive micros para motivarnos e que nos escoitasen mellor ao ler os compis.

En outubro decidimos o libro que presentamos as titorías e alumnado para de seguido comezar as sesións semanais, liamos capítulo a capítulo facendo un resumo final de cada un e entre todos comentando o vocabulario ou expresións descoñecidas, en cada un dos capítulos tivemos unha actividade diferente para conseguir a atención dos participantes. Sempre antes e comezar unha sesión faciamos un pequeno comentario do lido con anterioridade e o final unha pequena valoración do realizado na sesión. 

Os textos adaptámolos desde a Biblioteca Escolar e ademais de FOMENTAR A LECTURA e o HÁBITO LECTOR, traballamos a COMPRENSIÓN LECTORA e VOCABULARIO. 

Destacar o traballo de xeito transversal de temas como o ACOSO ESCOLAR, o TRABALLO EN EQUIPO e a AUTOESTIMA así como a INCLUSIÓN E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. 

 

Tamén realizamos actividades diversas:

-Lectura conxunta.

-Guións de lectura.

 

-Traballo por capítulos. 

-Resumos conxuntos.

-Empregamos imaxes para descripcións.

-Recursos e ferramentas de apoio na lectura e escrita.

-Recursos TIC.

-Realizamos un dominó para lembrar persoaxes.

-Dramatizacións.

-Debates sobre diferentes tipos de textos e a súa complexidade/facilidade.

 

E a actividade final que será o 20 de xuño : SCAPE ROOM (con algunha sorpresiña!!!).

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer