Saltar navegación

1. Netiqueta xeral

Infórmate

 Viñeta de Bart Simpsom.
Viñeta de Bart Simpsom: Se respectamos a Netiqueta teremos un Internet mellor!.
Agustín Carracedo. CC BY-SA 4.0
. Imaxe xerada en addletters

Normas comunmente aceptadas:

  • Trata aos demais como gustaríache que che tratasen a ti.
  • Pensa antes de escribir e evita as palabras ou actitudes que poidan resultar molestas ou ofensivas para o resto dos usuarios.
  • Ten en conta que na linguaxe escrita non é posible dar entoación "imítaa" utilizando emoticóns.
  • Ten paciencia sempre, sobre todo cos principiantes e os que cometen algún erro.
  • As actitudes recriminatorias adoitan ser mal recibidas, especialmente se se manifestan en público.
  • Cando elabores unha mensaxe reléea antes de enviala e pregúntate cal sería a túa reacción se a recibises.
  • Coida as regras de ortografía. Doutro xeito podes facer a mensaxe confusa.
  • Evita escribir en maiúsculas. Na Rede considérase "berrar" e ademais dificulta a lectura. TamPoUcO é CóModo LEr As meNsAxES dEsTE tIPo.
  • Evita o emprego de palabras de "argot", ou letras por sons (como "k" por "q"), ou linguaxe groseira.
  • Evita o emprego de abreviaturas que non sexan de uso normal.
  • Cando queiras expresar unha frase coloquial non totalmente correcta, pona entre comiñas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)