escolaTAC é unha xornada formativa docente centrada en obradoiros eminentemente prácticos nos que teremos a oportunidade de experimentar diferentes formas de traballo integrando medios tecnolóxicos: robótica, dispositivos móbiles, aplicacións, impresión 3D, creación audiovisual, aula invertida, intelixencias múltiples...
9:45 Recollida de acreditacións
10:00 Inauguración de escolaTAC
10:15 Presentación do obradoiro final
10:30 Tempo de traballo en obradoiro
12:00 Pausa-café
12:30 Tempo de traballo en obradoiro
14:00 Pausa-comida
16:00 Tempo de traballo en obradoiro
17:30 Tempo de traballo en obradoiro
19:00 Obradoiro final
20:00 Peche das xornadas
A distribución dos obradoiros quedará supeditada ás prazas dispoñibles para cada un. Debedes escoller os 4 obradoiros nos que desexades participar. É fundamental ler antes os resumos de cada un para comprobar que efectivamente pode ser interesante para o voso labor docente.
Os obradoiros iranse completando conforme vos vaiades apuntando. Asegurádevos de escoller un obradoiro diferente para cada hora, sen repetir ningún. Podedes cambiar a vosa escolla ata o mércores 30 de novembro ás 23:55, pero deberedes comprobar se aínda quedan prazas libres nos obradoiros aos que queredes cambiar.
O día anterior ao evento publicarase neste mesmo espazo a listaxe dos obradoiros e dos asistentes en cada franxa horaria.
escolaTAC (ESO/BACH) realízase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, que se atopa na rúa de Madrid, 2-4, en Fontiñas, Santiago de Compostela.Para unha mellor localización, podedes utilizar o mapa interactivo que se acompaña.