Obxectivos

1.Proporcionar información e orientacións sobre a xestión dos riscos derivados das alerxias e os alerxenos máis frecuentes no ámbito da industria alimentaria. Normativa aplicable.

2.Elaborar produtos de panadaría, bolaría, pastelaría, confeitaría e repostaría para colectivos especiais (alerxias e intolerancias) tendo en conta as posibilidades de substitución dos ingredientes.

3.Establecer as especificacións do produto e realizar os controis de calidade.

Contidos

1.Lexislación sobre alérxenos na industria alimentaria e aplicacións ao etiquetado.

2.Xestión de alérxenos na industria alimentaria: medidas preventivas, normas de hixiene, procedementos de limpeza. Riscos, precaucións e protocolos.

3.Adaptacións de fórmulas de produtos alimenticios para colectividades especiais: celíacas, diabéticas, alérxicos ao ovo, intolerantes á lactosa, fenilceturónicas, etc.