Saltar la navegación

Polos Creativos - Robótica

Información sobre os kits

A tecnoloxía está á orde do día e xa é un elemento imprescindible na nosa sociedade, así que tamén debe estar presente nas nosas aula. Neste apartado podes atopar diferentes tipos de robots e kits de electrónica para traballar co teu alumnado. ¡Bota un ollo e escolle o que mellor se axuste as túas necesidades!

Consulta a información de cada maleta facendo click no seu nome. Hai dispoñible un kit de cada tipo.

Se queres volver á sección principal de polos creativos, fai click aquí.

Kit 12: Lego Spike

Combina unha tecnoloxía ideada para facilitar do acceso as primeiras linguaxes de programación e robótica coas potencialidades manipulativas e imaxinativas das fichas acoplables tipo lego. Este kit é ideal para iniciar ao alumnado máis cativo no mundo da robótica e da mecánica. Dispoñemos de 1 kit deste tipo.

Listaxe de material

Software

Kit 13: Mbot 2

Os obxectivos de mBot2 son facilitar a aprendizaxe do pensamento computacional, a programación e a robótica entre o alumnado. Poden adentrarse en conceptos de tecnoloxía como o funcionamento dos motores, a programación coma un concepto de secuenciación ou traballar conceptos matemáticos coma os grados. Temos dispoñible 1 kit para préstamo con 5 robots .

Listaxe de material

Manual

Software

Exemplos de programación

Kit 14: Mbot Ranger

O mBot Ranger é un kit de robótica perfecto para a aprendizaxe STEAM e a robótica. Pódense montar 3 modelos diferentes que permiten que a rapazada explore a enxeñería e a mecánica. Hai dispoñible 1 kit para préstamo con 5 robots.

Listaxe de material

Manual

Software

Exemplos de programación

Kit 15: Brazo Robótico

O brazo robótico educatico está baseado en compluino UNO e é 100% complatible con Arduino. Este kit permite traballar co alumnado tres aspectos da robótica: mecánica, electrónica e programación. Hai dispoñible 1 kit para préstamo.

Manual

Kit 16: Dodo Board +IoT

O kit Dodo Board é un kit de iniciación á computación física mediante a programación con MicroPython. Dispón dun sistema modular de sensores e actuadores que permite un conexionado rápido e fiable. Hai dispoñible 1 kit con 5 packs DoDoboards e 2 packs IoT de Complubot.

Listaxe de material

Primeiros pasos

Consellos e titoriais

Outros recursos (Inglés)

Kit 17: Raspberry Pi con cámara IA

A Rasperry Pi é un ordenador personal integrado nun teclado de ordenador. O kit inclúe unha cámara IA capaz de realizar recoñecemento facial e seguimento de obxectos. Todo o necesario para comezar con forza nun proxecto integrado coa imaxe ou o mundo audiovisual. Hai dispoñible 1 kit con 5 Raspberry.

Listaxe de material

Manual de uso da cámara IA (Inglés)

Guía de usuario da cámara

Primeiros pasos

Kit 18: Domótica. Compluino

Compluino correspóndese cunha placa de sensores e actuadores que permite o traballo do alumnado na algoritmia e programación. Hay dispoñible 1 kit con 5 paquetes de Compluino e 1 kit ZigBee

Listaxe de material

Exemplos e actividades

Dispositivos ZigBee (Sonoff)

Consulta os calendarios de dispoñibilidade

Consulta de calendario

Premendo nas lapelas superiores poderás consultar os calendarios de dispoñibilidade de cada kit. Lembra que existen kits onde hai máis dun dispoñible ao mesmo tempo!

Kit 12 - Lego Spike



Kit 13 - Mbot-2



Kit 14 - Mbot Ranger

Kit 15 - Brazo robótico



Kit 16 - Dodo Board + IoT



Kit 17 - Raspberry Pi

Kit 18 - Domótica. Compluino

 Solicitude de kits de robótica









Creado con eXeLearning (Ventana nueva)