Opcións


Cando imos a este botón podemos cambiar a Páxina de Inicio do navegador, aparece a seguinte ventá:
Botón Xeral
Na imaxe vese a ventá Xeral, na que se pode cambiar a dirección da Páxina Inicial do Navegador, se poñemos, p.e. http://www.edu.xunta.es/web/ aparece, cando abrimos o navegador a páxina web da consellería de educación. Tamén podemos cambiar a carpeta na que se descargan os ficheiros da web, por defecto é a carpeta Descargas.

Botón Pestanas

Nesta  ventá pódense cambiar a configuración das pestanas do navegador

 

 

Botón Contido
Esta ventá é interesante pois aquí podemos bloquear as, a veces, pesadas ventás emerxentes, cambiar o tipo de letra do navegador, se queremos non cargar as imaxes, ...

 

Botón Aplicacións
Neste botón vense as aplicacións que utiliza Firefox para abrir distintos formatos de arquivos:
Botón de Privacidade
Nesta ventá  podemos configurar a nosa privacidade a hora de navegar por internet, tamen podemos borrar o noso historial,...

Botón Seguridade

Tamén é interesante esta ventá pois podemos indicarlle ao navegador que non garde as contrasinais ou utilizar unha contrasinal maestra para todos os sitios ademais deque nos pode advertir de visitas a sitios potencialmente perigosos:

 

 

Botón Sync

Da sincronización falamos noutro bloque

 

 

Boton Avanzado

Esta é unha ventá na que podemos cambiar moitas aplicacións do navegador: conexións da rede, protocolos, actualizacións.... , tantas que incluso pade bloquear o navegador e polo tanto salvo en casos moi necesarios non se recomenda cambiar nada.