Navegadores

Introdución:

O servizo máis utilizado de Internet é a Web, seguido de cerca polo correo electrónico. Cando falamos de entrar en Internet ou navegar por Internet estámonos referindo en realidade á Web. Para poder acceder á Web necesitas un programa chamado navegador.

A información na Web está dispoñible mediante páxinas web. Estas páxinas están escritas internamente en linguaxe HTML. Para transformar esa linguaxe en páxinas Web visibles fai falta un programa, a estes programas chámaselles navegadores ou browsers (en inglés). Son programas complexos que realizan moitas funciones pero desde os seus inicios foron gratuítos e pódense descargar da Web. 

Un navegador serve para acceder a Internet, pero tamén os podes utilizar sen conexión a Internet para ver páxinas web que teñas gravadas no disco duro, nun CD, DVD ou outro dispositivo.

Os navegadores van incorporando as novas tecnoloxías que se xeran en torno a Internet, cada pouco tempo aparecen versións novas, é conveniente ter actualizado noso navegador.

Cando aparece unha nova versión, o navegador instalará as actualizacións automaticamente. Tamén podemos visitar a web do navegador e descargar gratis a última versión. Si tes unha versión anticuada poida que ao visitar certos sitios non os vexas correctamente. Por exemplo, certas animacións poden non funcionar, ou poida que non se abra un determinado menú.

En 2005 xurdiu con forza un competidor para Internet Explorer, tratábase de Firefox, o navegador da organización Mozilla e a continuación do abandonado (por entón) Netscape. Esta organización pertence ao mundo do código aberto e non ao mundo empresarial como Microsoft.

Firefox é un navegador moderno que innovou cunhas características moi interesantes. Por exemplo, cun bloqueador das molestas fiestras emerxentes (pop-ups), tamén foi quen introduciu o concepto de pestanas que permiten ver varias páxinas web nunha mesma fiestra. En Firefox hai integrados, na parte superior dereita, varios dos buscadores máis utilizados, como Google, Yahoo, etc.

A principal baza de Firefox o é uso de complementos, e a gran cantidade deles que hai dispoñibles, o que adapta as funcionalidades do navegador ás necesidades do usuario.

Aínda que como iras vendo, estas características novas han ir incorporándose ao resto de navegadores aos poucos.

En setembro de 2008 apareceu outro navegador da man de Google, o Chrome. Tendo en conta a forza de Google na rede, non é de estrañar que cada vez haxa máis usuarios que utilicen este navegador.

Tamén es dispoñible para os usuarios de Windows o navegador Safari de Apple.

Outro navegador digno de mencionarse e con bastantes usuarios é Opera. Moi lixeiro e que ten como filosofía a total configuración do programa por parte do usuario.

         

O navegador máis utilizado, ata hai uns anos, era Internet Explorer (IE)  

                                                                                                                           

Estes cinco sen dúbida son os navegadores dominantes, e aínda que existen outros, a súa difusión é mínima.