Complementos

Os complementos son funcionalidades extra que cada usuario pode instalar voluntariamente no navegador para amplialo ou personalizalo.

 

 

Ao premer, iniciase unha nova pestana que mostra o panel Administrador de complementos.

 

 

O panel mostra un menú con catro opcións:

  • Obter complementos: Onde atoparás información sobre que son e como incorporalos. Si non sabes por onde empezar, podes explorar a galería de complementos dispoñibles e ver un listado dos máis descargados. En cambio, si tes máis ou menos claro o que buscas, podes utilizar o cadro de procura superior para localizalo.

As tres últimas opcións mostran os complementos que xa hai instalados, divididos en función da súa categoría.

  • Extensións: Dotan a Firefox de novas funcionalidades. Normalmente son os propios usuarios de Firefox quen as programan para lograr fins concretos que cubran as súas necesidades. Comparadores de prezos, inhibidores de publicidade, barras específicas para a interacción en redes sociais. Hai extensións moi especiais unha delas, debido a súa funcionalidade, vámola ver polo miúdo: DownloadHelper
  • Aparencia: Mostra o tema actual aplicado. En Firefox estes temas chámanse Persoa e permiten cambiar o deseño xeral do navegador (fondo, botóns, etc.)
  • Plugins: Mostra os plugins instalados. É dicir, aqueles pequenos programas necesarios para facer funcionar determinados elementos de internet. É habitual, por exemplo, dispoñer do plugin de Flash ou o de Silverlight, para poder ver vídeos e animacións nestes formatos.