Non hai moitos programas que nos permitan editar as nosas preguntas para presentalas en forma de xogo aos nosos alumnos e alumnas. Un exemplo de software que sí o permitía de xeito gratuito e en galego era o Fórmula 20.

Fórmula 20

Dous xogadores/pilotos compiten para ver quen remata antes un circuito de fórmula 1 respostando axeitadamente 20 preguntas sobre un tema dado. Mentras se acertan as preguntas se mantén o turno de xogo. O editor do programa permitía engadir novos temas e preguntas, configurar se queremos que as preguntas aparecesen nunha orde determinada ou ao azar, se se amosa a resposta correcta cando erramos ou non, ou o número de de alternativas de resposta a cada pregunta (ata un máximo de 4). A pesares das moitas ventaxas deste programa, tiña tamén algún pequeño inconveniente:

  • A imposibilidade de cambiar a estética do xogo.
  • Só podíamos editar o texto das preguntas pero non engadir unha imaxe, son, un video, unha animación ou unha ligazón a unha páxina web.
  • O xogo estaba pensado para dous xogadores e non admitía a posibilidade dun só xogador.
  • O feito de manter o turno mentras se estivese acertando podía ocasionar unha desvirtuación do xogo cando se tratase dun tema moi dominado por algún dos xogadores.

Fórmula 20

Algúns exemplos de actividades feitos con este editor:


O editor f20 e os exemplos podían descargarse dende aquí: http://educalim.org/f20/f20.html


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55