Este xogo consiste en buscar un máximo de 8 palabras nun cadro de 12x12 letras.
As palabras non poden superar os 11 caracteres.

No editor tan só temos que escribir as palabras a buscar e unha axuda visual en forma de imaxes ou definicións se o desexamos e eliximos ese parámetro.

Propiedades dunha Sopa de Letras

Os tipos de Sopas de Letras que ofrece o editor son:

- Amosar imaxes: Cando se acerta unha palabra a súa imaxe aparece semitransparente. No momento da edición debemos ter en conta que as imaxes teñen que estar na mesma orde que as palabras contadas de arriba cara abaixo.
- Ver enunciados: Aparece a definición ou unha axuda escrita que cambia de cor cando se acerta a palabra. Se non escribes enunciados pero seleccionas a opción "ver enunciados",entón LIM amosa como enunciados as palabras escondidas na sopa de letras.
- Colorear: Sopa de letras tradicional sen axudas visuais. Tan só temos que seleccionar a palabra.
- Ver cadros: Similar ao anterior pero as letras aparecen en cadros.

Sopa de Letras: Con imaxes

Lim por defecto completa as sopas de letras con letras en minúscula e sen til. Se queremos facer unha sopa de letras en maiúsculas, na páxina de propiedades no apartado de Letras temos que poñer todo o abecedario en maiúsculas (sen espazos nin comas), exemplo: ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ . De igual xeito operamos se queremos que o programa complete con letras con til: áéíóú


Sopas de Letras: Ver enunciados

Visualiza agora os catro tipos de sopas de letras:






Lembrámosche
:

Actividade 1 - Con imaxes (cando acertamos unha palabra a imaxe correpondente vólvese transparente).
Actividade 2 - Ver enunciados (coas deficinións das palabras ou pistas)
Actividade 3 - Aparecen as palabras a buscar (opción: Ver enunciados pero sen escribir nada na columna "enunciados").
Actividade 4 - Sopa de letras sen ningunha axuda adicional (Opción: Colorear).
Actividade 5 - Igual á anterior pero cunha nova estética (Opción: Ver cadros).

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55