A) Asertividade e respecto á dignidade das demais persoas

1. Fábulas de Esopo

As fábulas son relatos moitas veces protagonizados por animais cos que se pretende obter algún aprendizaxe sobre o comportamento dos seres humanos. A maior parte das fábulas que coñecemos son atribuídas a Esopo, escritor da Grecia Antiga.

Imos ler estas fábulas e intentar extraer a ensinanza que nos quere mostrar cada unha delas. Despois, cada grupo representará unha fábula diante da clase.

Para ler as fábulas preme no seguinte enlace.

Unha vez que teñades lidas as fábulas, formades grupos e contestades ao cuestionario "Dramatizar unha fábula". Despois é cando faredes a representación.

Última modificación: Martes, 16 de Maio de 2017, 13:09