Esquema de temas
-
Presentamos un grupo de actividades de investigación útiles para alumnos de ESO. As actividades seguen o método indagativo, que ensina a ciencia facéndose preguntas e tentando respondelas seguindo o método científico. O método indagativo é utilizado no curriculum escolar desde hai anos en Canadá, EEUU e algúns países europeos. De feito, os informes Rocard (2006) e Science Education for Responsible Citizenship (2015) consideran o sistema indagativo como a mellor metodoloxías para ensinar ciencia.
-
Ecoloxía e evolución van da man neste laboratorio virtual offline
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual offline. Estimación do tamaño dunha poboación.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º e 4º ESO.
-
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual offline. As mandas de mamíferos, as bandadas de aves, os cardúmenes de peces atópanse agrupados por varias razóns, unha delas é a vixilancia dos depredadores. Neste laboratorio virtual investigaremos sobre a importancia de poder alimentarse sen ser comido.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual offline.
Os estudos de Rachel Carlson foron precursores involuntarios da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos, a coñecida EPA, da celebración do Día da Terra e do movemento filosófico e político que hoxe chamamos ecoloxismo.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual offlne
Posiblemente camiñar entre as rochas na costa, resúltache incómodo pola presenza de balanos ou landras de mar. Un grupo de crustáceos que se alimentan de plancto e viven fixados ás rochas.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
A polilla moteada "Biston betularia" presenta dúas variedades: típica, máis clara e moteada e carbonaria, máis escura, que ata 1811 non se coñecía. En 1848, en Manchester levouse a cabo un estudo de campo e comprobouse que a variedade carbonaria incrementara o seu número drasticamente. A finais do século XIX dita variedade superaba en número á variedade típica. A explicación a este brusco ascenso da supervivencia da variedade carbonaria atoparémola neste proxecto de investigación con laboratorio virtual offline
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º e 4º ESO.
-
Laboratorio virtual online
A experiencia de Endler ou cando a selección sexual é contraria a selección natural.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º e 4º ESO.
-
Laboratorio virtual. "Non todos os cráteres teñen o seu volcán"
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º ESO.
-
Laboratorio remoto.
Os laboratorios remotos son aqueles que realizan os ensaios localmente, pero o usuario accede en forma remota. En concreto o laboratorio remoto de Euglena está situado no Riedel-Kruse Lab na Universidade de Stanford e pode ser manexado desde o teu computador.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º e 4º ESO.
-
Laboratorio virtual
Con este laboratorio virtual poderemos realizar experiencias relacionadas coa primeira Lei de Mendel e caracteres ligados ao sexo.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual.
Cando un perfume tende a expandirse por toda unha habitación, unha pinga de tinta vermella dilúese na auga ata que todo o medio ten a mesma concentración ou unha molécula de osíxeno introdúcese no noso torrente sanguíneo desde os nosos alveolos pulmonares, estamos a observar exemplos de DIFUSIÓN.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º, 3º e 4º ESO.
-
Laboratorio virtual
Hai procesos naturais coñecidos como, a absorción de auga polas raíces das plantas ou suar nos que participa a osmose.
A osmose é un fenómeno que se presenta cando dous líquidos, con diferentes concentracións dunha sustancia, atópanse separados por unha membrana semipermeable que permite o paso do que ten maior concentración da sustancia, cara ao lado onde se atopa o que ten menor concentración.Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Laboratorio virtual
O laboratorio virtual pH scale: Básico, será útil para aprender a comprender como se valora o pH en sustancias cotiás.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 4º ESO.
-
Webapp de ciencia cidadá. Algunha vez preguntáches sobre a contaminación lumínica do teu pobo, barrio ou cidade. Este é un proxecto no que todo o aula pode participar tendo unha noción mínima do que é unha constelación.
-
Webapp de ciencia cidadá
Todos os anos coñecemos o cambio de estación seguindo parámetros astronómicos, pero as condicións climatolóxicas dan a pauta da foliación, floración e frutificación das especies vexetais ou a aparición de animais na nosa contorna. Por iso, o calendario dos seres vivos pretende recoller datos para valorar se as condicións climatolóxicas en diferentes lugares e épocas inflúe realmente no desenvolvemento dos seres vivos.
-
Webapp de ciencia cidadá.
Cando en clase estudamos a cantidade de auga doce do planeta dispoñible para consumo e como ano a ano esta cantidade redúcese debido á contaminación, dámonos conta da importancia de acceder a auga potable e coñecer os parámetros que a caracterizan. Seguramente nos preguntamos sobre a calidade da auga da nosa billa, ou sobre a analítica máis adecuada e a capacidade que temos, cos nosos medios de poder levala a cabo.
A ciencia cidadá e neste caso o proxecto AQUA pódennos axudar a solucionar esta cuestión.Se queres saber máis sobre a implantación práctica do proxecto en Cambre (A Coruña) pincha aquí
-
App de ciencia cidadá- Noise Tube.
As causas da contaminación acústica na cidade son variadas. Con todo nunca nos preguntamos polos efectos que provoca: problemas de audición, de comunicación. O proxecto Noise Tube da Universidade de Bruselas proponnos a recopilación de datos de contaminación acústica nas nosas cidades.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Música. Curso 1º e 2º ESO.
-
App de dispositivo móvil Science Journal.
App de Google para móviles y tablets muy útil para la elaboración de investigaciones en el aula. En este caso, gracias al sonómetro podremos realizar un estudio de contaminación acústica en el aula, que podremos compartir en la página web del club de ciencia del IES David Bujan.
Materia. Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Música. Curso 1º e 2º ESO.
-
App de móvil Nettle
O proxecto Urtica está desenvolvido polos alumnos do club de ciencia do IES David Buján para respostar a pregunta "É certo que aguantándo a respiración, as estrugas non pican nin fan roncha?" Se os alumnos do teu centro teñen inquedanzas deste tipo non dubides en escribir a este correo electrónico (clubciencia@iesdavidbujan.com).
Materia. Bioloxía e Xeoloxía. Curso 1º, 3º e 4º ESO.
-
"Laboratorios virtuais e ciencia cidadá como práctica habitual de aula"
por José Manuel Viñas Diéguezpublícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Esta colección de guías elaborouse durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia