Aperçu des sections
Généralités
Section 2
Cada unidade comeza pola audicíon e/ou lectura do conto:
- Ao premer en Audición, ábrese automaticamente un ficheiro con un video en formato mpg.
- Ao premer en Lectura, ábrese un menú que irá guiando polas diferentes páxinas do conto.
Rematada a audición e/ou lectura, premer sobre Actividades de reflexión, e responder a unhas preguntas que facilitan a comprensión do conto se acaba de escoitar e/ou ler.
Premendo en Actividade final de avaliación, realizar unha pequena composición escrita sobre os distintos temas propostos, composición que o profesor/a poderá ler e deste xeito avaliar a comprensión sobre os diferentes temas presentados. A esta actividade so é posible acceder se accédese á plataforma moodle como usuario/a rexistrado.
No epígrafe final Actividades de ampliación, atopanse explicacións e exercicios que te axudarán en cuestións relacionadas coas emocións e a persoalidade.
Section 3
Esta é unha historia que nos amosa que o verdadeiro valor das cousas non sempre é apreciado por todos.Section 4
Este é un conto que nos ensina que os eloxios ou as críticas dos demais, as veces, exercen sobre nos demasiada influencia.
Section 5
Este conto nos amosa que cando nos atopamos con obstáculos non debemos desanimarnos. Sempre é mellor esforzarse en buscar solucións.
Section 6
Este é un conto amosa que cada persoa pode alixir a actitude que quer ter para enfrontar as cousas que lle suceden.
Section 7
Este conto amósanos que as cousas non sempre son definitivas, as veces o malo non era tan malo e o bo tamén, nin sempre, acaba sendo tan bo.
Section 8
Acabas de entrar nunha etapa da vida en que te preguntas moitas cousas en col de ti mesmo e das relacións cos demais, por iso o material que che presentamos artéllase arredor das actitudes e das emocións nas que nos mergullamos cando nos atopamos con dificultades. Cadaquén e dono de decidir que tipo de comportamento prefire, ou como se di xeralmente, que filosofía da vida quere adoptar.
As seguintes lecturas te ofrecen algunhas ideas sobre o coñecemento dun mesmo e das relacións afectivas.