Saltar navegación

Procedementos no equipo do profesor.

EQUIPO DE PROFESOR

No equipo do profesor tan só haberá que copiar o contido que se queira compartir nos cartafois de /home/profesor/aula is  en función das necesidades:

Se se desexa compartir información que non sexa modificable polos alumnos: “/home/profesor/aula/profesor”.

carpeta aula

Dado que o equipamento Abalar traballa con direccionamento dinámico de rede, será preciso indicar ao alumnado a dirección IP do equipo do profesor ao que se deben conectar.

Posteriormente, o docente debe observar que dirección IP ten asignada no momento da compartición, simplemente observando no panel do xestor de conexións Network-Manager a IP da interface WiFi. Pulsando o botón dereito sobre o icona do mesmo e seleccionando a opción Información da conexión amosarase o enderezo IP.