Saltar navegación

Procedementos no equipo do alumno.

EQUIPO DE ALUMNO

No ultraportátil do alumno haberá que indicar a IP do equipo que ten os recursos compartidos (equipo do profesor). Para iso, no menú Internet amosarase unha icona “Recurso Samba en Profesor”.

Ao facer clic amosarase unha mensaxe na que haberá que especificar os dous últimos números dos catro que compoñen a IP do profesor. (Non esquecer o punto).

Por exemplo, se a IP do profesor é 192.168.201.187, será preciso escribir na ventá emerxente do equipo do alumno: 201.187

Desde o momento no que se pulsa o botón de Aceptar, o equipo xa terá acceso aos recursos compartidos polo profesor e poderá acceder a eles de o menú PLACES do xestor de ficheiros