Saltar navegación

Aspectos básicos da estructura

En todos os equipos Abalar,  existe un cartafol/ lugar ( PLACE)  denominado aula, que contén á súa vez dous cartafois denominados profesor e alumno:

Equipo do profesor:   Equipos dos alumos (ultraportátiles).
/home/profesor/aula/profesor                        
/home/alumno/aula/profesor


O cartafol do  profesor está pensado para que o docente poida compartir arquivos cos seus alumnos, de xeito que estes poidan copialos ou executalos pero non modificalos.
Por este motivo, o recurso compartido profesor é de acceso limitado:

  • Só desde o equipo do profesor se pode crear, modificar ou borrar o contido da carpeta “/home/profesor/aula/profesor”.
  • Os equipos do alumnado teñen únicamente acceso de lectura aos contidos depositados polo profesor no devandito cartafol. Poden acceder a esa información desde os seus equipos na carpeta “/home/alumno/aula/profesor”.

O cartafol  alumno, pola contra,está pensado para que os alumnos poidan compartir co docente ficheiros ou cartafois e que este poida examinalos, correxilos e/ou recollelos, polo tanto alumno como profesores poden crear, modificar, ou borrar o contido.

En resume:

Desde os equipos dos alumnos, pódese gardar a información a compartir na carpeta “/home/alumno/aula/alumno”. Esta información é accesible para todos os usuarios (profesores e alumnos).

O profesor pode recoller ou examinar a información no seu equipo na carpeta “/home/profesor/aula/alumno”.