Saltar navegación

Sistemas de seguridade

O carro de carga ten varias proteccións eléctricas que, cara ó usuario, podemos resumir en:

  • Parada de Emerxencia situada na parte superior do carro.

Parada Emerxencia

  • Diferencial situado na parte traseira do carro.

Diferencial Posterior

  • Diferencial de "botella" situado no cable de alimentación exterior.

PARADA DE EMERXENCIA:

  • Ante calquera anomalía que os sistemas non detecten e corrixan automaticamente, pode accionar o usuario o interruptor de emerxencia vermello e así eliminar toda a corrente eléctrica do sistema (o interruptor quedará encravado para evitar que se restableza o paso de corrente).
  • Para finalizar a parada de emerxencia e RESTABLECER O SISTEMA, unha vez solucionado o problema, xire suavemente o interruptor vermello ata que faga "clic" e volva á súa posición orixinal e posteriormente desprace os interruptores da parte posterior ata a posición amosada na ilustración (pilotos en cor vermella). COIDE ESCRUPULOSAMENTE QUE DESAPARECERON OS RISCOS PARA AS PERSOAS que motivaron o a parada de xeito manual.

INTERRUPTORES DIFERENCIAIS:

  1. O sistema dispón de dous interruptores diferencias: un situado na parte traseira (vese na imaxe anterior), outro situado no cable de entrada, con forma cilíndrica (vese na imaxe ó pé deste apartado). Estes diferenciais son mecanismos electromecánicos que teñen como función protexer as persoas de derivacións eléctricas.
  2. No caso de que se disparen, débense montar COIDANDO ESCRUPULOSAMENTE QUE DESAPARECERON OS RISCOS PARA AS PERSOAS por contacto cos circuítos eléctricos, cables pelados...


IMPORTANTE: O sistema de ventilación forzada porase en funcionamento cando se achegue ás 30º. Manteña libre as tomas de aire situadas no lateral exterior.