Saltar navegación

Armario de Carga ABALAR

O Armario de Carga EDUCA forma parte do equipamento das aulas ABALAR, conformando un dos elementos técnicos de máis novidade a introducir nas aulas.

Aula Xeral Carro

Fonte: Escuela 2.0 Asturias

A principal característica é a interfuncionalidade en relación ós restantes elementos da aula ABALAR, xa que o armario é un equipamento especialmente deseñado para o uso nas aulas ABALAR.

Podemos agrupar as funcionalidades en:

  1. CARGA das baterías eléctricas dos equipos ultraportátiles e do equipo do profesor.
  2. CUSTODIA e almacenamento dos equipos ultraportátiles e do equipo do profesor.
  3. Funcións de AUDIO.