Saltar navegación

Características técnicas

  1. As fontes de alimentación do Armario de Carga están especialmente deseñadas para a carga dos equipos ultraportátiles ABALAR.

  2. O portátil da aula cárgase mediante o propio cargador que se entregará co equipo, podendo unicamente utilizar os enchufes situados no caixón superior do Armario de Carga. IMAXE 1: Minis cargandoTeña en conta que o Armario de Carga só será empregado para a carga dos ultraportátiles do Proxecto. Non poderá empregarse nin sequera para outros netbooks.

  3. O sistema do Armario de Carga EDUCAR conta con ventilación forzada, é dicir, extrae o aire quente que se xera durante o proceso de carga dos portátiles.

  4. As dimensións do armario están adaptadas aos espazos das aulas, o que permite que circulen libremente polos corredores e atravesen as portas de acceso á aula de forma sinxela.

  5. IMAXE 2: RodasAs rodas industriais de alta resistencia permiten o seu desprazamento e as asas situadas na parte superior facilitan a súa mobilidade. Teña en conta que antes de desprazar o Armario de Carga, hai que comprobar que está desconectado da rede eléctrica, que a porta da carga frontal está bloqueada e que os freos están en posición de desbloqueo.

  6. Permite a carga simultánea de 30 portátiles.

  7. O sistema do Armario de Carga pode ser utilizado como reforzo multimedia. Deste xeito, permite conectar un equipo portátil, proxector ou un dispositivo multimedia calquera.IMAXE 3: Multimedia

  8. Ten dúas saídas de audio amplificadas situadas nos laterais do armario. Ó ser un sistema de audio autoamplificado, non é necesario realizar un axuste específico para o seu control. Será suficiente con regular o son do equipo multimedia (conectado a través dun conector minijack).

  9. Tanto os períodos de carga do sistema como o tempo de carga (horas, minutos e segundos) son configurables, e pódense memorizar ata 32 configuracións diferentes. O sistema de audio vai ligado ao sistema, polo que para empregalo deberá premerse o botón verde de arranque do armario de carga.