Benvidos/as a este curso de formación inicial sobre o proxecto EDIXGAL para profesorado de educación Primaria e Secundaria, onde coñeceremos diversos aspectos do proxecto así como tamén os recursos educativos dixitais e todas aquelas funcionalidades e ferramentas que forman parte da plataforma EVA.
Para comenzar, visualizamos os vídeos de presentación do proxecto EDIXGAL para facer un percorrido polos distintos aspectos que compoñen este proxecto e descubrindo así as posibilidades que ofrece para o alumnado, o profesorado e as familias.
Un exemplo práctico sobre como usar a Ferramenta de Autor para a creación dun contido dixital educativo e a súa publicación posterior nunha das materias das que somos docentes. Neste exemplo explícanse os pasos a seguir para crear un exercicio e como podemos inserilo nunha materia.