3.2. Acceso ás materias con EVA Offline

  Acceso ás materias

EDIXGAL

Indicador de conexión

Recordemos que nesta primeira pantalla do EVA Offline é importante fixarse no indicador de conexión que aparece na parte superior dereita da pantalla:

Conectado = Indica que actualmente EVA Offline está conectado

Desconectado = Indica que actualmente EVA Offline está desconectado

Pantalla principal

Unha vez na pantalla principal, podemos ver no panel esquerdo o menú "As miñas materias" que nos da acceso aos contidos das materias nas que estamos matriculados. Ao facer clic sobre unha das materias móstrase o apartado "Contidos" referido a esa materia en concreto.

Acceso ás materias

Premendo sobre o título da unidade (no lateral esquerdo), na parte dereita móstranse os contidos descargables da unidade.

Descarga contidos



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 13 de Setembro de 2021, 12:35