4.3. Seguimento da actividade dos alumnos

  Seguimento da actividade dos alumnos

EDIXGAL

A plataforma EVA proporciona ao profesor a posibilidade de levar un seguimento completo da actividade dos alumnos da súa materia. Podemos acceder a esta información dende os seguintes menús:

  • Lista de participantes (menú de navegación superior)
  • Informes da actividade dun determinado usuario (bloque Administración)
  • Informes da materia (bloque Administración)




Participantes 

Mostra a lista dos participantes na materia sobre a que estamos traballando.

De cada un dos participantes, o profesor pode atopar moita información detallada sobre a súa actividade.

lista_participantes


Cando seleccionamos "Lista de participantes", na parte central da pantalla aparece a listaxe completa dos participantes debaixo dun abecedario que nos serve para filtrar os participantes que estamos vendo pola primeira letra do seu nome ou pola primeira letra do seu apelido. Ademais tamén aparece na parte superior o despregable "Buscar palabra chave ou seleccionar filtro" que podemos usar para filtrar a listaxe que estamos vendo:

  • filtrar por rol (profesor, alumno, profesor sen edición, creador da materia ...)
  • filtrar por estado (activo, inactivo)
  • filtrar por grupo
  • filtrar por palabra clave
  • filtrar por método de matriculación

Se pulsamos sobre un alumno concreto nesta listaxe,

alumno

aparecerán os enlaces para acceder aos informes completos da actividade deste alumno concreto.

Informes da actividade dun alumno

Despois de pulsar sobre un alumno concreto na "Lista de participantes" , na parte central da pantalla aparecen os enlaces que nos permiten acceder aos informes completos da actividade dese alumno en concreto.

informe_actividade

Este novo menú que aparece na parte central da pantalla presenta as seguintes opcións:

  • Detalles do usuario
    Mostra a información básica relativa ao perfil do usuario. 
  • Detalles da materia
    Mostra información relativa á participación deste usuario en determinados contidos incluídos na materia e o seu rol nela.
  • Roles
  • Mostra o(s) rol(es) do usuario na plataforma (neste caso, alumno)
  • Varios

    Mostra o perfil completo do usuario, as súas participacións en foros e as anotacións existentes sobre el.

  • Informes
    Mostra, por temas, as cualificacións que obtivo o alumno nas distintas actividades incluídas en cada tema, o número de visitas que realizou a cada un dos recursos de cada temas e o número de intervencións (mensaxes) do alumno nos foros, indicando tamén a data de cualificación e cando foi a súa última visita ou achega.
  • Actividade de acceso
    Mostra información sobre a última vez que accedeu este usuario á plataforma.


  



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 30 de Agosto de 2023, 00:47