3.3. Visualización dos contidos sen conectividade

  Visualización dos contidos sen conectividade

EDIXGAL

O alumno poderá acceder á aplicación sen necesidade de conexión a internet, e durante esta sesión visualizará as materias que se sincronizaron na aplicación na súa última conexión, así como as unidades dos contidos xa descargados.

Cando se accede sen conectividade, o marcador de conectividade aparece en vermello Desconectado

Para acceder aos contidos sen conectividade, realizaremos o seguinte proceso:

  1. No panel de materias, facemos clic sobre aquela á que queremos acceder, e posteriormente na opción “Contidos”.
  2. Na ventá móstranos o índice de unidades, facendo clic sobre o titulo de cada unidade móstranos o contido asignado a esta.
  3. Facemos clic sobre o Título do contido que queremos visualizar, e que previamente ha de estar descargado.

Eva Offline

O contido visualizase en toda a área de traballo da aplicación (pantalla completa).

 

IMPORTANTE: Cada vez que o alumno quere saír do contido, e para que se garde o seguimento daqueles contidos que dispoñen desta funcionalidade, é necesario premer o botón "Sair" da parte superior central da pantalla.

 

Eva Offline

 

O botón "Saír" aparece sempre na parte superior do recurso e será necesario pulsar este botón sempre, antes de abandonar o traballo con este recurso, para que se garde o traballo realizado ata o momento.

Cando se pulsa este botón "Saír" gárdase temporalmente no propio dispositivo o traballo realizado sen conexión, de maneira que posteriormente este traballo poida ser sincronizado coa aplicación online cando o dispositivo volva a dispoñer dunha conexión viable á rede.

 



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 13 de Setembro de 2021, 12:36