Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria

Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria [1]

Enviado por boletin a Ven, 28/04/2023 - 12:45

Convócanse os "Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria", iniciativa social que conta desde a súa creación co apoio institucional do Ministerio de Educación e Formación Profesional, entre outras entidades.

Estes premios constitúen unha iniciativa social e un recurso educativo para a formación do alumnado en formación viaria.

As curtametraxes deberán:

  • Ter unha duración de entre 30 segundos e 1 minuto de duración.
  • Non vulnerar os dereitos de autor.
  • Representar situacións como peón, ciclista, usuario de vehículo de mobilidade persoal, pasaxeiro de transporte escolar ou privado, ou a súa combinación.
  • Ter unha mensaxe clara de comportamento viario cívico e seguro de mobilidade responsable e seguridade viaria.
  • Incluír subtítulos para ser accesibles e inclusivos.
  • Cumprir os criterios de valoración indicados no punto 6.

Pódese consultar toda a información adicional a través desta ligazón [2].

  • Prazo de participación: ata o 25 de maio de 2023.
Gallego
Imaxe [3]

Tema: 

Información xeral [4]
Axudas e premios [5]
Premios nacionais [6]

Sección: 

Boletín [7]
Portada de boletín [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39765

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39765
[2] http://www.premioseducacionvial.com/como-participar/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2023/04/28/31e6df4dee44bb07636fa6ab7d2f114c.png
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/117
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/625
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623