Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Ven, 13/09/2019 - 15:00Acábase de constituír unha rede de profesorado galego activo na procura da sensibilización social, do coñecemento e da extensión do labor docente arredor da diversidade afectivo-sexual, da diversidade familiar e da diversidade da identidade de xénero. Pódese consultar na rede o documento de difusión da constitución deste grupo de traballo. O colectivo terá o seu primeiro encontro para constituír a rede, ao cal se convida ao profesorado interesado:
Data: sábado 5 de outubro
Horario: 11.00 - 14.00 e 16.00 - 20.00
Lugar: Salón de actos, Módulo Central (C1). Facultade de Ciencias da Educación (USC). Campus Vida (Sur). Santiago de Compostela
Para obter máis información podedes consultar a páxina da rede ou contactar co profesorado que a coordina a través do seu correo electrónico.
Contacto: redu.lgbt.galiza@protonmail.com [2]
Tema:
Sección: