Obradoiro para solicitude de proxectos europeos Erasmus+ KA2 -asociacións estratéxicas- para os sectores escolar e adultos [1]
Enviado por boletin a Ven, 09/02/2018 - 13:16A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus + 2018, organiza un Obradoiro sobre a redacción de proxectos de KA2 - Asociacións Estratéxicas - para centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato como tamén para centros de educación de adultos (EOI, as EPA, etc).
Priorízase a aqueles centros que non tiveran participado en proxectos europeos nos últimos tres cursos e desexen solicitar proxectos europeos de mobilidade KA2 na presente convocatoria 2018.
Os datos da xornada:
Data/s: 20 de febreiro de 2018. No caso de demanda repetirase o 22 de febreiro.
Lugar: CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n - 15781 Santiago de Compostela)
Horario: 9:30 h a 14.30 h.
Lémbrase que a convocatoria Erasmus + 2018 publicouse no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o pasaso 25 de outubro:
http://sepie.es/doc/convocatoria/2018/convocatoria_es.pdf [2].
Para calquera aclaración ou consulta:
programas.europeos@edu.xunta.es [3] ou 981 54 65 45.
File:
Tema:
Sección: