IES Faro das Lúas: Buscando a Valle [1]
Enviado por administrador a Ven, 15/12/2017 - 11:21Dende o IES Faro das Lúas sentímonos moi orgullosos e agradecidos de que a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia concedera ó noso centro un premio do concurso de traballos por proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, para o proxecto presentado pola biblioteca do noso instituto co título Buscando a Valle. [2]
A idea deste proxecto nace da conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre fillo do Concello de Vilanova de Arousa, onde está situado o noso centro, Don Ramón Mª del Valle Inclán .
O obxectivo do proxecto Buscando a Valle foi a implantación dun novo servizo turístico para Vilanova de Arousa mediante a colocación de placas con códigos QR nos lugares da vila con relación coa figura, vida e obra de Valle Inclán.
Trátase dun proxecto cooperativo e multidisciplinar coa implicación de todo o centro e no que colaboraron 9 departamentos didácticos, así como o Concello de Vilanova de Arousa.
- Máis información [3]
Tema:
Ensinanza:
Departamento:
Sección: