Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018 [1]
Enviado por administrador a Ven, 10/11/2017 - 15:00Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/18.
Tal e como se establece no artigo 10.2 da Resolución do 15 de setembro de 2017 que regula o Plan Proxecta ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2017, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es [3].
Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.
- Programas de Plan Proxecta para o curso 2017/18 [4]
- Resolución de Plan Proxecta 2017/18 [5]
- Ficha co resumo dos programas actualizada [6]
- Ampliación do prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2017/2018 [7]
- Listaxe provisional admitidos [8]
- Modelo para reclamación ou renuncia [9]