S1702007: Xornadas do profesorado de comercio e márketing. Curso 2017-2018 [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 22/06/2017 - 18:57
O principal obxectivo destas xornadas é fixar un punto de encontro entre todo o profesorado da familia profesional de comercio e márketing de Galicia, para fomentar a colaboración e para poder compartir as boas prácticas.
As Xornadas comezarán ás 9:00 no salón de actos do CIFP Compostela, cando terá lugar a presentación das mesmas. A continuación e ata ás 14:00, haberá diversas conferencias que tocarán as novidades e as diversas temáticas demandadas polo profesorado desta familia profesional. Ás 11:20 haberá un breve descanso nos que os asistentes serán invitados a un café no CAFI.
Despois dun tempo onde todos os participantes poderán comer na cafetería do IES Lamas de Abade, as Xornadas continuarán no salón de actos do CIFP Compostela ás 16:00. As xornadas rematarán ás 19:00 tras unha mesa redonda onde se tentará analizar a situación actual do ensino dos ciclos desta familia profesional en Galicia.
9:00-9:20 | Presentación |
9:20-10:20 | A transformación dixital do comercio |
10:20-11:20 | Medios de pagamento |
Descanso | |
---|---|
12:00-13:00 | Xestión comercial |
13:00-14:00 | Emprendemento dixital e relacional |
Comida | |
16:00-17:25 | Configuración dunha tenda de comercio electrónico con Prestashop |
17:25-19:00 | Mesa redonda e clausura |
Data de comezo: 11/9/2017
Data de finalización: 11/9/2017
Lugar de celebración: Salón de actos do CIFP Compostela
Número de horas totais: 8
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78320 [2]
Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=876 [3]