Xornadas de formación e orientación profesional 2019-2020. Relatorios
O martes 12 de novembro, celebráronse no Hotel Congreso, as xornadas de formación en orientación vocacional e profesional do curso 2019-2020, dirixidas a profesionais da orientación dos centros educativos. Tratáronse temas de actualidade e significativos dentro do Departamento de Orientación: o desenvolvemento do talento, a influencia da información vocacional na definición da carreira profesional do alumando, a actual normativa de protección de datos, etc. Tamén se puxeron en valor diversos traballos e experiencias no ámbito das ensinanzas de formación profesional, concretamente de FP básica e da modalidade dual, que foron expostos polo profesorado e alumnado protagonistas.
RELATORIOS
Acceda aos recursos das xornadas
Como ensinar a identificar e desenvolver o talento
Cara a un modelo de educativo baseado na colaboración e innovación: a formación profesional dual
O papel da información profesional e vocacional na definición da carreira profesional do alumnado
A formación profesional básica como un espazo de reflexión para a redefinición do itinerario académico-profesional
Análise e tratamento das principais variables que promoven os estereotipos de xénero na elección de itinerario académico-profesional
ÁLBUM FOTOGRÁFICO