Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao superior?
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
- Título de bacharel.
- Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
- Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
- Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
- Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións:
- Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
- Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispor dun título de técnico, no momento de inscrición na proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, consonte a táboa do anexo III da resolución (DOG do 20 de xaneiro de 2011).
Tema: