Proposta de adxudicación por centro educativo do Programa Retorna Talento FP 2023/24 (modalidade B)

Publicada a proposta de adxudicación de persoas solicitantes por centro educativo do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á modalidade B do programa.

Etiquetas: 

Resolución da Dirección Xeral de FP pola que se aproba a selección de proxectos de mobilidades de FP Dual

Xúntase a resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se aproba e publica a relación definitiva de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Etiquetas: 

Adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 (Modalidade A)

Publicada a adxudicación de axudas do Programa Retorna Talento FP 2023/24 correspondentes á modalidade A do programa.

Etiquetas: 

III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023

Os vindeiros días 2 e 3 de novembro terá lugar o III Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, no que profesorado dos cursos de especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente impartirá os seguintes obradoiros técnicos:

Listaxe provisional de adxudicacións por centro na modalidade A do programa Retorna Talento FP 23/24

Listaxe provisional de persoas candidatas, ordenadas polas puntuacións outorgadas, adxudicadas por centro na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2023/24.

    • Listaxe de adxudicación por centro (modalidade A)

Ábrese un prazo de reclamación de cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte desta publicación.

Etiquetas: 

Selección de proxectos do programa de mobilidades de FP dual curso 2023-2024. Resolución provisional

Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Os centros solicitantes poderán formular, no prazo de tres (3) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da consellería, reclamacións contra esta relación provisional de proxectos de mobilidade admitidos e excluídos.

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Etiquetas: 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se convoca un programa de mobilidades de FP dual

O obxecto desta resolución é convocar o Programa de Mobilidades de FP Dual para o curso 2023/2024 e establecer as súas bases reguladoras.

Poderán solicitar a súa participación neste programa os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con alumnado matriculado, no curso 2023-2024, en ensinanzas de formación profesional impartidas na modalidade de formación profesional dual, tanto no réxime ordinario como no réxime de ensinanzas para as persoas adultas.

Etiquetas: 
Distribuir contido