Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria das probas libres para a obtención de títulos de FP.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP.

Etiquetas: 

Resolución provisional de concesión de premios a proxectos de innovación na Formación Profesional

Publicada a resolución provisional de concesión de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional convocados pola Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Etiquetas: 
Distribuir contido