Idea 2022

Que é eduemprende Idea? 

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2021-2022 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  • Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

Para presentar a solicitude, o representante deberá cubrir obrigatoriamente o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, dispoñible desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes deberá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).


Información e contacto

Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:

Asesoría de emprendemento:

Convocatoria 2022

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2022 e toda a información relacionada.


Convocatorias anteriores:

Etiquetas: