Admisión a cursos de especialización. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2021-2022

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a cursos de especialización para o curso 2021-2022.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o mércores 7 de xullo ata as 13:00 horas do venres 9 de xullo de 2021. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión na seguinte ligazón.