Conxunto mínimo de procedementos comúns
A Rede de Centros Certificados na Norma ISO 9001:2008 elaborou durante o curso 2010/2011 un Conxunto Mínimo de Procedementos Comúns (CMPC) para a súa posta en práctica por todos aqueles Centros Educativos da Comunidade Galega que queiran desenvolver a súa tarefa educativa seguindo a metodoloxía da calidade e da mellora continua a través da xestión dos procedementos implicados, independentemente das etapas e/ou niveis educativos que impartan.
Deste xeito ponse de manifesto a intención, por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de ampliar o número e diversidade de Centros Educativos que utilizan a metodoloxía da xestión por procesos na práctica da súa tarefa educativa.
Este CMPC constitúe un esquema básico e flexible en revisión continua que se adapta ás características específicas de cada un dos Centros Educativos que os utilicen como guía.
Os centros educativos interesados en ter o CMPC en formato editable para levalo á práctica, poden solicitalo poñéndose en contacto co Servizo de Xestión da FP a través de:
- Teléfono da Asesoría da calidade: 981 546 573 e 881 996 527
- Correo electrónico da Asesoría da calidade: sxpc.calidade@edu.xunta.gal
Tamén, por suposto, para facer suxestións ou aclarar calquera dúbida.
Nas seguintes ligazóns pódese consultar a documentación para cada un dos perfís organizada por mes:
- Profesorado Libreoffice/Microsoft
- Titoría Libreoffice/Microsoft
- Titoría FCT Libreoffice/Microsoft
- Xefatura Departamento Libreoffice/Microsoft
- X.D. non didáctico Libreoffice/Microsoft
- Cargos directivos Libreoffice/Microsoft
- Coordinacións Libreoffice/Microsoft