Xornadas Franquiatlántico franquías e negocios 2015, XV edición
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente nas Xornadas Franquiatlántico franquías e negocios 2015 na súa XV edición que se realizarán no Exhibition Center do Peirao de trasatlánticos de Vigo o 28 de febreiro e o 1 de marzo de 2015.
As xornadas están dirixidas a futuros franquiciados, emprendedores, inversores, profesionais e público en xeral.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode descargar o programa de actividades en formato .pdf.
Información do Peirao de trasatlánticos de Vigo: contacto, horarios, localización...
Etiquetas: