Primeiro Foro da Formación e Empresa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente no Primeiro Foro da Formación e Empresa que se realizará no Fórum Carballo o vindeiro 31 de maio e 1 de xuño en Carballo.
Trátase dunha iniciativa que reúne contidos de formación e emprego e onde se ofrece unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.
No stand de Formación Profesional atopará información en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode acceder e/ou consultar o tríptico e o cartel informativos nos seguintes enlaces:
- Tríptico
- Cartel
Información do Fórum Carballo: contacto, horarios, localización...
Etiquetas: