Previsel 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Previsel, o 8º Salón da prevención e a seguridade laboral que se realizará en Expourense os días 25 e 26 de abril de 2013.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode acceder o programa de actividades na web de Previsel.
Información de Expourense: contacto, horarios, localización...
Etiquetas: