Convocatoria programa eduemprende Mentoring FP 2022-2023

Este programa desenvólvese no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo e dentro do convenio de colaboración entre a Conse-llería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades coa Amtega no marco do Plan Digitalent 2030.

Mentoring FP é unha iniciativa que ten por obxecto a titoría e acompañamento do alumnado de Formación Profesional de ciclos de Grao Superior e de cursos de especialización para a identificación de saídas profesionais e o desenvolvemento da súa carreira profesional ou a posta en marcha dun proxecto emprendedor.

Dirixida a alumnado matriculado nos ciclos de Grao Superior e cursos de especialización da familia profesional de Informática e comunicacións en centros sostidos con fondos públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 2 de marzo de 2023 ata o 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: