SHOT03
SHOT03 - Guía, información e asistencia turísticas
Que se aprende a facer?
Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.
En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que abrangue calquera ti-po de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísti-cas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense ca-pacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en rela-ción co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de característi-cas similares (consorcios, padroados, etc.).
Que ocupacións se desempeñan?
Guía local, guía acompañante, guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural, informador/ora turístico/a, xefe/a de oficinas de información, promotor/ora turístico/a, técnico/a de empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo, asistente en terminais (es-tacións, portos e aeroportos), encargado/a de facturación en terminais de transporte, e asis-tente en feiras, congresos e convencións.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0383 | Destinos turísticos | 213 | 8 | |
1º | MP0171 | Estrutura do mercado turístico | 133 | 5 | |
1º | MP0389 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0173 | Márketing turístico | 160 | 6 | |
1º | MP0384 | Recursos turísticos | 187 | 7 | |
2º | MP0387 | Deseño de produtos turísticos | 140 | 8 | |
2º | MP0390 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0391 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0386 | Procesos de guía e asistencia turística | 105 | 6 | |
2º | MP0172 | Protocolo e relacións públicas | 105 | 6 | |
2º | MP0388 | Proxecto de guía, información e asistencia turísticas | 26 | ||
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 | 9 | |
2º | MP0385 | Servizos de información turística | 70 | 4 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005221 | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | 881960060 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).