Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

A escola oficial de idiomas é un centro docente público que imparte ensinanzas de idiomas de réxime especial. Está composta por:

  • Unha sede central, na rúa Educación, 1 15011 Coruña.

  • Unha sección en Arteixo, situada no IES Manuel Murguía, en avenida Arsenio Iglesias s/n, 15142 Arteixo.

  • Unha sección en Carballo, situada no Pazo da Cultura de Carballo na rúa Pan s/n, 15100 Carballo.

  • Unha sección en Cee, situada no IES Fernando Blanco, en avenida Fernando Blanco 99, 15270 Cee.

  • Unha sección en Culleredo, situada no CIFP Universidade Laboral, rúa Salvador Allende s/n, 15670 Culleredo.

A páxina web do centro é https://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/

Conta cun total de 4707 alumnos e 92 membros do profesorado distribuídos do seguinte xeito:

  • EOI Sede central. Alumnado: 4205, profesorado: 77

  • Sección Arteixo. Alumnado:209, profesorado: 3

  • Sección Carballo. Alumnado: 414, profesorado: 10

  • Sección Cee: Alumnado: 102, profesorado: 2

  • Sección Culleredo: Alumnado: 314, profesorado: 6

Impártense 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

O PD e outros proxectos do centro

O centro xa leva anos desenvolvendo accións encamiñadas a contribuír nunha mellora da calidade do ensino de linguas estranxeiras con plans de formacións sobre a redacción de probas, estandarización, ferramentas de vídeo e audio, narración oral e mediación, entre outras. No caso da relación deste plan con outros do centro están os plans de formacións que se solicitarán para o vindeiro curso escolar, así como a conexión co Plan de Melloras das Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Contribución do PD na PXA

A contribución do plan dixital na PXA é a reflexión feita sobre o punto de partida do centro e a posta en funcionamento de actividades como a iniciación na competencia dixital no que atinxe á protección de datos, mellorar o uso de ferramentas dixitais a través do intercambio de experiencias entre o profesorado así como facilitar a accesibilidade á aula virtual e demais aplicacións dixitais do centro.

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

O equipo de dinamización do plan dixital está formada polo equipo directivo e as coordinadoras TIC e de biblioteca.

A organización estivo vencellada ao desenvolvemento do PFPP do centro. O proceso de elaboración veu marcado polas sesións de formación recibidas e as posteriores reunións do equipo para elaborar o DAFO tras analizar os datos obtidos nos cuestionarios do SELFIE e o CDD, así como uns obxectivos realistas para a redacción deste plan. Nos seguintes cursos os obxectivos vanse marcando dependendo do conseguido o curso anterior e as necesidades que detectamos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Utilizouse o SELFIE realizado no curso 2021-22 e cos resultados fíxose un DAFO que fomos revisando e actualizando. Tamén se usaron os datos do test CDD

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C.12 Fenda dixital nos niveis máis baixos e nalgún departamento (español para estranxeiros) Alumnado Non
Debilidade C.8. Non hai dispositivos a disposición do alumnado para uso individual en caso de necesitarse. Infraestruturas Non
Debilidade C.14: Distintos espazos e distintas localizacións xeográficas (seccións) Infraestruturas Si
Debilidade A.4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Si
Debilidade D.14. Falta de espazo físico Organización de centro Non
Debilidade A1.Estratexia dixital pobre Organización de centro Si
Debilidade C.7 Falsa percepción do profesorado sobre protección de datos. Persoal docente Non
Debilidade A.4.Falta de tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade B.1. Non se valora o suficiente o progreso do proceso de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza C.13 Traer dispositivos propios á aula Alumnado Non
Fortaleza E.1.Uso de recursos educativos en liña G.5. Reflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza G.5. Reflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza C1-C.2-C.3 As aulas teñen equipamento dixital Infraestruturas Si
Fortaleza C.4 Soporte técnico Infraestruturas Non
Fortaleza E.1. Recursos educativos en liña Oferta Non
Fortaleza E.3 Emprego da aula virtual do centro Oferta Si
Fortaleza E.4: Comunicación coa comunidade educativa Oferta Non
Fortaleza A.3. Hai autonomía para implementar novas metodoloxías Organización de centro Non
Fortaleza B.3. Colabórase con outras organizacións Organización de centro Non
Fortaleza 2. O profesorado involúcrase na estratexia dixital Persoal docente Non
Fortaleza A.5 ED/ O profesorado coñece as normas de uso de CC /Copyright Persoal docente Non
Fortaleza D.2 Profesorado que participa en Plans de formación continua. Persoal docente Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de flexibilidade e coñecementos para facer probas en liña. Administración educativa Non
Ameaza C.8. Necesidade de maior equipamento para o desenvolvemento dixital. Administración educativa Si
Ameaza C.10 Necesidade de dispositivos para alumnado por necesidades socioeconómicas. Administración educativa Non
Ameaza Falta de coñecemento da normativa do uso das ferramentas dixitais. Lexislación Si
Ameaza .A-D-F-G Cambios lexislativos constantes e burocratización. Lexislación Si
Ameaza Oferta de certificación en liña doutras entidades Outras Non
Oportunidade D.2 Participación en actividades de formación continua do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade D.4. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade C.7 Coñecer mellor a protección de datos Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración con asociacións relacionadas co centro (Mar de lenguas-Aspalex) ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de colaboración con comunidades educativas da contorna Contorna Non
Oportunidade D.2 Participación en actividades de formación continua do profesorado. Outras Non
Oportunidade B.4. Sinerxias para o ensino semipresencial. Outras Non
Oportunidade D.4.Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Outras Non
Oportunidade B.3.Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar o DAFO ímonos centrar nos seguintes aspectos para levar a cabo os obxectivos:

  • Actualización do persoal do centro no manexo de ferramentas dixitais
  • Intercambio de experiencias no uso de ferramentas dixitais
  • Mellorar o uso das paneis dixitais interactivos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Favorecer o intercambio de experiencias no uso de ferramentas dixitais entre o persoal docente.
O2PD Mellorar o uso das paneis dixitais interactivos
O3PD Mellora a conectividade do centro.
O4PD Actualización do persoal do centro no manexo de ferramentas dixitais administrativas
O5PD Facilitar a accesibilidade a aula virtual e demais aplicacións dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, para o que contamos coa colaboración da nosa Mentora ADIX, é o seguinte:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, coincidindo coas reunións de claustro e consello que se celebrarán no centro. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Tamén valoraremos como imos seguir traballando no vindeiro curso escolar.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

 

1º Trimestre

No primeiro trimestre comezamos a traballar con varios dos obxectivos:

  • Obxectivo 1: Favorecer o intercambio de experiencias no uso de ferramentas dixitais entre o persoal docente. Fixéronse reunións co profesorado para repartir o traballo, e tamén se organizaron reunións en pequenos grupos de profesorado para o manexo da radio como ferramenta de aprendizaxe fóra da aula. Creouse tamén un apartado na páxina web do centro onde se van incluíndo respositorios de materiais para intercambiar experiencias. Tamén na aula virtual do centro temos un apartado onde imos engadindo titoriais do uso das distintas ferramentas dixitais: radio, bancos de sons e música libres de dereitos, licenzas e uso de materiais con licenzas CC, etc.
  • Obxectivo 2: Mellorar o uso das paneis dixitais interactivos. Neste aspecto tivemos unha sesión co asesor Abalar o día 20 de outubro, tamén fixemos un intercambio de experiencias en pequenos grupos e de xeito informal no que revisamos como usar os paneis dixitais nas aulas. Por outra banda, comezamos a facer titoriais e vídeos sobre ocmo crear wifis nas aulas cos paneis dixitais ou como se pode dividir a pantalla.
  • Obxectivo 3: Mellora a conectividade do centro. A principios de curso conseguimos ter rematada a wifi no centro, agás nos despachos de dirección. Fixéronse a continuación titoriais para amosar como configurar a wifi nos dispositivos do profesorado.
  • Obxectivo 4: Actualización do persoal do centro no manexo de ferramentas dixitais administrativas. Neste aspecto estase a seguir facendo titoriais e vídeos que se comparten na aula virtual do centro.
  • Obxectivo 5: Facilitar a accesibilidade a aula virtual e demais aplicacións dixitais do centro. Na páxina web hai dous apartados para isto: Ferramentas dixitais de centro e Decálogos de protección de datos e dereitos de autoría.
2º Trimestre

Non houbo avances neste trimestre.

3º Trimestre

No terceiro trimestre traballamos nos seguintes obxectivos:

  • Obxectivo 1: Favorecer o intercambio de experiencias no uso de ferramentas dixitais entre o persoal docente. Houbo algúns obradoiros para profesorado e alumnado sobre o manexo da radio como ferramenta de aprendizaxe fóra da aula. Na aula virtual do centro temos un cursos onde imos engadindo titoriais do uso das distintas ferramentas dixitais: radio, bancos de sons e música libres de dereitos, licenzas e uso de materiais con licenzas CC, etc.
  • Obxectivo 2: Mellorar o uso das paneis dixitais interactivos. En abril de 2024 instaláronse 17 novos paneis noutras tantas aulas. Tivemos tres sesións organizadas pola coordinadora TIC para aprender o manexo básico e distintas utilidades dos paneis dixitais. Continuamos a facer titoriais sobre os paneis dixitais que están a disposición do profesorado nun curso da aula virtual "Uso dos paneis dixitais interactivos" con acceso de convidado.
  • Obxectivo 3: Mellora a conectividade do centro. A principios de curso conseguimos ter rematada a wifi no centro, agás nos despachos de dirección. Fixéronse a continuación titoriais para amosar como configurar a wifi nos dispositivos do profesorado. Aumentou o número de profesorado que usa a wifi do centro.
  • Obxectivo 4: Actualización do persoal do centro no manexo de ferramentas dixitais administrativas. Neste aspecto estase a seguir facendo titoriais e vídeos que se comparten na aula virtual do centro.
  • Obxectivo 5: Facilitar a accesibilidade a aula virtual e demais aplicacións dixitais do centro. Na páxina web hai dous apartados para isto: Ferramentas dixitais de centro e Decálogos de protección de datos e dereitos de autoría.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

- Unha vez ao trimestre avaliarase o progreso da execución das accións, valorando os resultados e, de ser o caso, modificaranse as accións.

- Ao final do curso escolar faremos unha avaliación global dos resultados para consider os aspectos a mellorar no vindeiro curso escolar.

Valoración xeral

Mellorou considerablemente a conectividade do centro o que favorece o proceso de ensino aprendizaxe na comunidade educativa.

Por outra banda, a instalación dos paneis dixitais en case todas as aulas mellorou a metodoloxía no ensino de linguas.

Os obradoiros sobre ferramentas dixitais, como uso da Intelixencia Artificial, Excel, podcasts e creación e edición de video foron fundamentais para avanzar na dixitalización do profesorado e do alumnado.

 

Proposta de mellora

Seguir a traballar na dixitalización da comunidade educativa mediante obradoiros, formación e aprendizaxe entre iguais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan foi presentado ao claustro e consello escolar do centro e publicarase na web da EOI. A medida que vaiamos conseguindo os obxectivos publicaremolo nas redes sociais para darlle publicade e que a comunidade educativa o saiba.

Nas reunións de claustro e consello do curso escolar 2023-2024 haberá un punto na orde do día que será a consecución dos obxectivos marcados neste plan. Así toda a comunidade educativa poderá estar informada de como imos avanzando na consecución destes así como plantexarnos as necesidades de cara ao vindeiro curso escolar.

O Plan Dixital da EOI da Coruña estará accesible nesta URL.