Robot para monitoreo de viñas
O viño é unha produción moi importante en Europa. Para obter bos viños con alto valor engadido, é fundamental conseguir produción de uva de calidade uniforme. Por isto é preciso monitorear as viñas para identificar as necesidades do cultivo e avaliar o estado de madurez das uvas. Os métodos de monitoreo existentes, adoitan ser visuais ou por mostraxe aleatoria de uvas individuais, e non ofrecen información completamente fiable. Existen métodos máis exactos que usan sensores multiespectrais montados en drons ou avións. Non obstante, a baixa resolución dos datos que os sensores fornecen, fai que sexan pouco atractivos para os viticultores.
O Robot Vinescout é unha evolución de Vinerobot que foi creado para abordar os problemas anteriormente citados. Ao tomar datos a nivel do chan, o robot achega imaxes de maior resolución, das que se pode obter información máis exacta. O Robot patrulla a viña e toma datos autonomamente. Está equipado cun GPS, unha cámara e sensores que toman información multiespectral xeoreferneciada das cepas. Os datos son transmitidos a un ordenador por tecnoloxía sen fíos, onde son procesados para obter mapas de produción de uva, crecemento vexetativo, estado hídrico da viña e composición da uva. Esta información é transferida a unha aplicación de teléfono móbil para que os viticultores podan monitorear constantemente as necesidades das súas viñas e tomar decisións sobre o mellor momento para regar, aplicar tratamentos ou recoller as uvas.
Vinescout traballa con paneis solares que incrementan a súa autonomía e fano máis eficiente enerxéticamente.
Análise Económico
Desenvolvedor
Farm
Actualizacións
Precisamos a túa opinión...