Skip to Content

bloque-estilos

Perfil
Agricultores
Estudantes
Emprendedores
Profesorado
Todo
Empregos
Formación
Tecnoloxías

Sistema de axuda á decisión para optimización de rega.

Actualmente, os sistemas para determinar a dose e o tempo de rega son visuais e baséanse na experiencia do agricultor. Estes métodos non son exactos e en moitas ocasións causan un exceso da dose de rega, producindo lavado de nutrintes do solo e un incremento dos custes de produción debido ao desperdicio de auga e enerxía. 

IrrigNet é un sistema de axuda á decisión que utiliza computación na nube para recoller datos de humidade do solo e temperatura do aire a partir de sensores instalados en campo, condicións climáticas e datos sobre o tipo de cultivo e solo para determinar a temporización e dose de rega de acorde coas necesidades da planta. O sistema posúe diferentes receitas de rega dependendo do tipo de cultivo e solo. Actualmente, hai dispoñibles receitas para millo, solla, remolacha azucreira, pataca, cebola, cogombro, pemento, viña e arandos pero pódense calcular e engadir receitas para outros cultivos se son demandadas. As condicións climáticas téñense en conta para evitar regar cando se prevé una chuvia, ou as temperaturas son demasiado altas. 

Os datos recollidos polo sistema almacénanse e procésanse na nube para logo elaborar recomendacións de rega que poden ser consultadas posteriormente a través de móbiles ou ordenadores persoais. 

Comprobouse que IrriNet incrementa a produción do cultivo ata un 30% e reduce as perdas debidas a un exceso de rega, incrementando a rendibilidade da explotación.

Análise Económico

Desenvolvedor

Nome: DuravNet
Descrición:
Compañía que deseña solucións baseadas en internet das cousas.
Country: Serbia
Enderezo de correo-e:
Antona Čehova 1/2, 21 000 Novi Sad
Web site: DuravNet
Correo-e: Send Mail
Phone number: +381 21 528 493

Farm

Nome: No farm available for this technology

Actualizacións

Permite aos agricultores controlar o sistema de rega de maneira remota. Isto reduce o tempo e mellora as condicións de traballo. O sistema optimiza o uso da auga, reducindo os impactos sobre o solo dun exceso de rega, ao tempo que se aforra auga e enerxía. O sistema tamén incrementa a produción e aforra auga e enerxía; isto mellora a marxe de beneficio do agricultor.

Precisamos a túa opinión...

Envíanos a tua:

Tecnoloxía Novo Emprego Formación
     


by Dr. Radut