Transporte marítimo e pesca de altura

Cales son os módulos deste ciclo?

 PRIMEIRO CURSO  HORAS 
 Administración e xestión do buque e actividade pesqueira  133 
 Formación e orientación laboral 107 
 Inglés 160 
 Manobra e estiba 240 
 Navegación, goberno e comunicacións do buque 267 
 Organización da asistencia sanitaria a bordo 53 
   
 SEGUNDO CURSO HORAS
 Control das emerxencias 157 
 Empresa e iniciativa emprendadora 53 
 Proxecto de implementación dunha ruta de transporte marítimo  26 
 Garda de ponte 210 
 Pesca de altura e gran altura 210 
 Formación en centros de traballo 384 

Que se aprende a facer?

Planificar, xestionar e executar as actividades de buques nas condicións que determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a seguridade, a navegación, as manobras e as operacións de carga, estiba e descarga, así como a extracción, a manipulación, o procesamento e a conservación da pesca, optimizando a produción e cumprindo a normativa estatal e internacional.

En que ámbitos se traballa?

En buques dedicados ao transporte marítimo de carga e/ou pasaxeiros, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e das atribucións que estableza a Administración competente. A actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelle desempeñar funcións do seu nivel desembarcado, en empresas e entidades pertencentes ao sector marítimo pesqueiro.

Que ocupacións se desempeñan?

Patrón/patroa de altura; patrón/patroa de gran altura; patrón/patroa ao mando de buquesde pesca, buques mercantes de carga e de pasaxe, e iates de gran eslora; primeiro/a oficial de ponte; oficial de ponte en buques de pesca, buques mercantes de carga e de pasaxe, e iates de gran eslora; oficial encargado/a da garda ou o mando de embarcacións dedicadas a vixilancia fiscal, inspección pesqueira, investigación oceanográfica,seguridade e salvamento marítimo; inspector/ora de flota; axente de consignatarias;axente de seguros marítimos; supervisor/ora de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca.

Que título se obtén?

Técnico superior en Transporte Marítimo e Pesca de Altura.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Titulación profesional

Patrón/oa de altura. Consulte as atribucións e os requisitos de obtención AQUÍ.

 

 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/