Residencia Mar da Area

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo dispón dunha residencia ao servizo do alumnado, situada a carón do mesmo centro, que conta coas seguintes dependencias:

- Camarotes con baño.

- Biblioteca.

- Sala de espera.

- Salón con televisión.

- Cociña.

- Comedor.

- Lavandería.

- Aseos.

 

NORMATIVA

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais desta consellería e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2024/25 (código de procedemento PE606A).

* DECRETO 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería.

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, conxunta da Consellería do Mar e da Consellería do Medio Rural, pola que se actualizan os prezos públicos determinados no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes destas consellerías.

 

HORARIO DE FUNCIONAMENTO

As persoas que teñan asignada unha praza na residencia poderán facer uso dela no horario que abrangue desde os domingos ou festivos, véspera de  días lectivos, ás 20.00 horas, ata o venres ou véspera de días festivos ás 21.00 horas. No caso de existir dispoñibilidade de persoal e orzamentaria, podería ampliarse o uso da residencia aos sábados, domingos e festivos, mais non haberá servizo de comedor.

 

REQUISITOS PARA SER ADXUDICATARIO/A DAS PRAZAS

* Ser cidadáns de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

* Ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da convocatoria.

* Estar matriculados/as no centro durante o curso escolar e realizar os seguintes estudos naúticos e marítimo-pesqueiros:

a) Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional Marítimo-Pesqueira.

b) Cursos de capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro polivalente, ampliación de atribucións de patrón/patroa costeiro polivalente, patrón/patroa local de pesca, aumento de atribucións para mecánico/a naval, aumento de atribucións para mecánico/a maior naval, revalidación dos títulos profesionais naútico-pesqueiros e mariñeiro/a pescador/a.

 

MODALIDADES

As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:

a) Residencia en pensión completa: cuarto, almorzo, xantar e cea.

b) Xantar diario por bono semanal de cinco (5) días, de luns a venres.

c) Xantar diario, non regular.

As prazas en réxime de xantar diario por bono semanal de cinco días ou non regular, dan dereito a xantar na sala de comedor do centro. Poderán solicitar praza aquelas persoas que, cursando estudos no centro, cumpran cos requisitos xerais, teñan o seu domicilio habitual a unha distancia superior a 15 km do centro ou, sendo unha distancia menor, acrediten a imposibilidade de chegar coa puntualidade requirida ás clases.

 

PREZOS PÚBLICOS

As persoas beneficiarias das prazas estarán suxeitas aos prezos públicos establecidos na normativa aplicable.

 

 1.- Para as prazas de residencia en réxime de pensión completa correspondentes ao curso completo, o pagamento poderá realizarse nun pagamento único ou fraccionado en tres prazos trimestrais. Se se realiza nun pagamento único, éste deberá aboarse dentro dos dez (10) días anteriores ao do inicio do curso. No caso de realizarse fraccionado, o pagamento deberá realizarse dentro dos dez (10) días anteriores ao do inicio de cada un dos trimestres.

Para as prazas de residencia en réxime de pensión completa correspondentes ao curso escolar completo, no caso de que, debido a unha causa sobrevida debidamente xustificada, non se utilicen os servizos de residencia, o alumnado poderá quedar exento do pagamento do período que lle quede por aboar, logo de renuncia expresa e tras a valoración positiva efectuada por parte da Dirección do centro.

O alumnado con praza de residencia en réxime de pensión completa que se incorpore á formación en centros de traballo (FCT) poderá seguir usando a residencia ata o remate da formación na dita empresa. Non obstante, no caso de que o/a alumno/a non empregue os servizos de residencia durante un período continuado igual ou superior a unha semana como consecuencia da realización da formación fóra do centro, poderá quedar exento/a do pagamento do servizo polo tempo que dure a formación. Para beneficiarse da dita exención, o alumnado deberá comunicar esta cirsunstancia en canto teña coñecemento do feito e obter o informe favorable por parte da Dirección do centro.

 

 2.- Para as prazas de residencia en réxime de pensión completa nos cursos de duración inferior a un curso escolar completo, os pagamentos trimestrais realízaranse dentro dos dez (10) días anteriores ao do inicio do curso. No caso de acollerse ao pagamento por días, o importe calcularase empregando os prezos/persoa/día. Non se permitirá o pagamento de días alternos e deberá realizarse o pagamento pola duración completa do curso. O pagamento realizarase dentro dos dez (10) días anteriores ao do inicio do curso.

 

 3.- Para as prazas de xantar diario, o alumnado fará efectivo o pagamento antes do inicio do servizo.

 

 Servizo

 Prezo/persoa 

 Residencia en pensión completa curso escolar completo

 2.389,37 €

 Residencia en pensión completa diaria por período inferior a un curso  escolar

 13,30 €/día

 Xantar por bono semanal de cinco días

 27,29 €

 Xantar diario non regular

 6,04 €/día

 

BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS

* EXENCIÓNS

- Por membro de familia numerosa categoría especial.

- Vítimas do terrorismo, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as legalmente ao seu cargo non emancipados/as.

- Vítimas da violencia de xénero.

* BONIFICACIÓN DO 50%

- Por membro de familia numerosa categoría xeral.

- Por membro de familia monoparental.

- Os/as demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de autorización de uso dos servizos de residencia ou de xantar e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

 

En todos estes casos, a exención non afecta o seguro escolar, que será aboado integramente polas persoas beneficiarias.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación complementaria necesaria para xustificar cada unha das situacións anteriormente mencionadas.

 

PERDA DO DEREITO Á PRAZA

O alumnado residente perderá a praza polas seguintes causas:

a) Non incorporarse ao centro residencial na data do inicio do curso escolar indicada polo centro docente, agás nos casos de forza maior, debidamente acreditados logo da súa valoración polo centro.

b) Perda da condición do/a alumno/a no centro docente en que debía cursar os estudos para os cales lle foi concedida a praza.

c) Faltas de asistencia sen xustificar, cando se supere o número de tres días de ausencia continuados ou cinco días alternos ás clases lectivas dentro do período dun mes e logo dun informe previo da dirección do centro.

d) Incumprimento do réxime interno do centro residencial que altere o normal desenvolvemento da convivencia e que lugar a sanción disciplinaria.

A persoa beneficiaria dos servicios de residencia ou de comedor que renuncie a continuar cos estudos, resulte expulsado do centro de formación ou da residencia, perderá o dereito a residencia e o dereito de devolución dos importes ingresados para o goce dos servicos (Art.7 do Decreto 143/2013. DOG Nº176).

 

SOLICITUDES

As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

* Solicitude debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE606A). Descargue a Solicitude AQUÍ e o Anexo II de comprobación de datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* A documentación complementaria que xustificar cada unha das situacións que dan lugar a exención ou bonificación.

* Certificado médico oficial que acredite o seu estado de saúde.

* 2 fotos.

* Xustificante do aboamento das taxas.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Secretaría  Código: 01
 Taxa: denominación (en función da modalide de praza)
 Residencia en pensión completa  Código: 353201
 Residencia en pensión completa por día  Código: 353202
 Xantar por bono semanal de cincos días  Código: 353203
 Xantar diario non regular  Código: 353204
 Obxecto de pago  O nome do curso que realiza 
 Datos de pago  O importe que corresponda

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).