Patrón/Patroa de altura

ATRIBUCIÓNS

- Exercer como primeiro oficial ou como oficial de ponte en buques pesqueiros sen limitación algunha.

- Exercer como capitán ou patrón en buques de pesca de eslora non superior a 70 metros, sempre que, ademais dos requisitos establecidos no punto 1 do presente artigo, cumprise un período de embarque non inferior a 12 meses como oficial encargado da garda de navegación ou patrón en buques de pesca de eslora non inferior a 18 metros. No caso de que o citado período de embarque sexa realizado en buques de eslora superior a 12 metros pero inferior a 18, só poderá exercer de capitán en buques de pesca de eslora non superior a 42 metros.

 

REQUISITOS

- Cumprir 20 anos de idade.

- Dispoñer dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Condutores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir. O anterior impreso non será necesario se o interesado dispón do certificado médico contemplado no artigo 13 do presente real decreto.

- Estar en posesión do título académico de Técnico Superior en Transporte Marítimo e Pesca de Altura, establecido en R.D. 1691/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de Técnico Superior en Transporte Marítimo e Pesca de Altura e fíxanse os seus ensinos mínimos; para cuxa obtención é necesario aprobar un exame ou exames que inclúan os coñecementos mínimos requiridos no apéndice da regra II/1 do Convenio STCW- F.

- Prestar servizo na sección ponte de buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros, durante un período de embarque de polo menos dous anos, dos cales polo menos 6 meses deberán ser realizados con posterioridade á celebración do exame citado no parágrafo anterior. Este período de embarque, poderá ser substituído por outro de duración non inferior a 12 meses, como alumno ou mariñeiro, realizando polo menos 6 meses en actividades da garda de navegación, como parte dun programa de formación conforme aos requisitos da sección A-II/1 do Código STCW; sempre que este feito conste nun libro de rexistro da formación aprobado de acordo co Convenio de Formación, 1978.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente poderá permitir a substitución dos períodos de embarco citados no parágrafo anterior, por un período de formación especial non superior a un ano, a condición de que o programa de formación especial sexa como mínimo dun valor equivalente ao do período de embarco esixido ao que substitúe. A concreción da devandita formación realizarase mediante a oportuna consulta ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

NORMATIVA

* Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.