Skip to Content

Películas

Un Pitillín - curso 2012/2013

«CLASES SEN FUME» é un concurso europeo para a prevención do tabaquismo entre escolares. Está enmarcado no Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para fomentar a innovación educativa e vai dirixido a estudantes de 1º e 2º da ESO. O grupo de 1º A do noso centro, coordinado pola súa titora María Castelo, participou nesta convocatoria co vídeo «Un pitillín», representativo do traballo realizado ao longo do curso e acaba de ser seleccionado como finalista a nivel autonómico.

1ºA coa titora María Castelo. IES Urbano Lugrís de MalpicaRecibiron en Santiago o seu premio: Un día gratis no «Aguapark» de Cerceda para todo o grupo. Conseguiron o 1º accesit despois do 1º e 2º premio. Non está nada mal ser galardoados entre 6000 participantes de toda Galicia!

PARABÉNS a todos e todas polo voso traballo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut