Skip to Content

Actividades

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES E ARQUEOLÓXICO DA CORUÑA

O martes 12 de decembro retomamos, despois do tempo de pandemia, a tradición de percorrer as salas do Museo de Belas Artes da Coruña, conducidos polas persoas que curso tras curso veñen encargándose, con éxito, desta imprescindible tarefa de achegamento á Arte. É esta unha experiencia que sempre resulta gratificante para o alumnado por ser a primeira vez que se achega a un museo destas características. Nesta ocasión, fixemos tamén unha visita, demasiado curta temporalmente,  ao  Museo Arqueolóxico. Aquí deixamos algunhas opinións das alumnas e alumnos do centro:

“A visita foi bastante interesante xa que puidemos coñecer un pouco máis da arte de cada época e algúns autores galegos que, persoalmente, non coñecía.  Algúns dos que máis me chamaron a atención foron aqueles que realizaban obras impresionistas.“  (Ainhara)

 

“O pasado martes 12 de decembro realizamos unha visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña. Particularmente gustoume moito, porque, xunto con Ana, a nosa guía, puiden facer un percorrido sobre a arte dende o século XVI ata obras moi recentes. Ademais, vin as diferentes correntes artísticas ao longo da historia e as súas respectivas temáticas. Outro punto a destacar é a sala adicada exclusivamente á arte galega. Gustoume moito xa que non tiña coñecementos sobre ela.”  (Paula)

 

 

“A visita ao museo foi unha boa experiencia especialmente no meu caso, unha alumna de Historia da Arte, pois fixemos un percorrido (aínda que algo curto e rápido) moi interesante por obras de diferentes autores. Non é o mesmo velas nunha foto de google ca velas en persoa. (…) Pareceume unha visita moi amena e educativa que me gustaría repetir ou recomendar que se repita o ano que vén.”  (Claudia)

 

“Desfrutei moito coa visita guiada, gustáronme a maioría das obras e paréceme que o guía as explicou todas moi ben. Pero gustaríame poder ver algo máis pola nosa conta, observar os cadros de forma máis detallada.”  (Uxía)

 

“Es un museo muy interesante y entretenido, he salido muy satisfecha por lo que recomiendo visitarlo, ya que es una experiencia en la que adquieres ciertos conocimientos sobre las distintas obras representadas y donde pasar un rato agradable.” (Saray)

 

“A visita ao Museo de Belas Artes foi unha boa experiencia, xa que nos explicaron as obras de forma concisa, aínda que me gustaría que a explicación fose máis extensa, algo  que non era posible polo tempo limitado que tiñamos.” (Lucas)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut